O compromiso coa excelencia sanitaria é clave para a competitividade da nosa cabana de bovino, ovino e caprino.

Indemnizacións e Lucro Cesante: Compensacións polo sacrificio obrigatorio de animais en programas de erradicación de enfermidades e axudas pola perda de ingresos durante o baleirado sanitario.

  • Prazo: Pódense solicitar durante todo o ano.
  • Condición: A solicitude debe presentarse normalmente no prazo de un mes desde que se produce o sacrificio obrigatorio ou se recibe a notificación oficial da resolución sanitaria.
  •  

Reposición de Efectivos: Subvencións para a compra de novos animais con alta calidade xenética tras un baleirado.

  • Prazo estimado: A convocatoria específica adoita publicarse no primeiro trimestre do ano (entre xaneiro e marzo).
  • Duración: Unha vez publicada no DOG, o prazo de presentación adoita ser de un mes.

 

Apoio ás ADSG: Dotación de 2,38 millóns de euros para que as Agrupacións de Defensa Sanitaria Ganadera executen programas de vixilancia e control.

  • Prazo: Xeralmente as agrupacións teñen ata o 31 de outubro de 2026 para xustificar as actuacións sanitarias realizadas durante o ano, pero a solicitude de axuda adoita realizarse a principios de ano.

 

Razas Autóctonas: Axudas específicas para criadores de razas galegas en perigo de extinción para preservar o noso patrimonio xenético.

  • Prazo: A convocatoria para as asociacións de criadores adoita abrirse entre febreiro e marzo.