A Política Agraria Común (PAC) é o sistema principal de axudas para agricultores e gandeiros tanto en España como en toda a Unión Europea. Esta campaña permite solicitar diversas axudas para mellorar a renda agraria, fomentar prácticas sostibles e apoiar o desenvolvemento rural.

Principais axudas da PAC

  • Axuda básica á renda para a sostibilidad.
  • Axuda a mozos agricultores
  • Eco-réximes.

Prazos e Xestión

O prazo de solicitude esténdese dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril. É fundamental contar cun bo asesoramento para:
  • Evitar penalizacións.
  • Maximizar as axudas recibidas.
  • Cumprir cos requisitos da normativa.

Requisitos para cobrar a PAC

Para ser beneficiario, cómpre cumprir co seguinte:
  • Ser agricultor activo.
  • Dispoñer de superficie agraria admisible.
  • Realizar unha declaración correcta das parcelas.
  • Cumprir coa condicionalidade reforzada (protección do solo, xestión da auga, mantemento do paisaxe e benestar animal).


Como facer a Solicitude Única paso a paso

Revisar os datos da explotación: Comprobar parcelas no SIGPAC, dereitos de axuda e tipos de cultivo.
  1. Seleccionar as axudas: Axuda básica, pago redistributivo, eco-réximes e axudas agroambientai
  2. Presentar a solicitude: Realízase de xeito telemático a través da administración autonómica.
  3. Modificacións e alegacións: Durante a campaña pódense corrixir parcelas, cambiar cultivos ou presentar alegacións ao SIGPAC.
Unha xestión correcta é esencial para evitar erros e sancións.