É mércores… e no rural iso significa que hai moito feito, pero moito por facerSomos Terra&Gando Consultores, unha cooperativa pequena, pero con moita paixón polo territorio.
Falamos cada día con gandeir@s e agricultor@s que coidan o monte, non só porque produce, senón porque é parte do que somos.
Sabías que máis do 60% dos lumes empezan preto de fincas ou explotacións?
Moitas veces por un simple esquecemento: unha rozadora sen revisar, un cortalumes mal feito, un aviso que se deixa para mañá…
Hoxe, mércores, facemos un pequeno recordatorio:
- Non agardes a que veña o lume para actuar.
- Revisar agora pode evitar unha desgraza despois.
Se precisas axuda para tramitar axudas, revisar o plan de prevención ou mellorar a seguridade da túa explotación, chámanos.
Aquí estamos. Porque o rural ben feito é tamén un rural máis seguro.